Festas e eventos

Xornada lúdica 6º primaria

Xornada lúdica 6º primaria

Queridas familias.

Remata este curso tan extraño e cheo de dificultades, pero que foron superadas co esforzo de todos, sobre todo dos vosos fillos e fillas.
Como colofón, e dado que non hai viaxe de fin de curso, queremos facer unha xornada lúdica na escola o venres pola tarde. O obxectivo sería fomentar, máis ainda, a cohesión do grupo e despedir o curso de xeito que deixe o mellor sabor de boca posible.
Será unha prolongación pola tarde da xornada escolar, comendo na escola.

Deberán traer a clase o venres:

  • A merenda e bebida de media mañá (como sempre).
  • Xantar de mediodía.
  • Merenda de tarde (opcional).
  • Unha gorra.
  • Ganas de pasalo ben.


Recollida ás 20:00 polo portal de secretaría.

Mandade un correo ó titor/titora indicando o voso nome, DNI e autorizando ao voso fillo/filla NOME a asisitr a xornada, do venres 18 de xuño, na Escola.

Un saúdo

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.