Magosto 2020

Magosto 2020

Mañá martes 17 (co alumnado de 3º e 4º ESO) e o mércores 18 (co alumnado de 1º e 2º da ESO), ás 14:00 h e se o tempo o permite, celebraremos o Magosto na escola. Cada neno e nena deberá traer unha manchea de castañas amoxegadas (cun pequeno corte), un trozo de pan e o seu xantar. Farémolo cumprindo as normas de prevención e as distancias de seguridade, separando aos cursos nos distintos grupos. Voltarán a casa á hora de costume (no seu horario de tarde).