Revisade os correos

Revisade os correos

Ultimamente temos detectado que algúns dos mails que teñen enviado os titores e titoras, entran como SPAM nos vosos correos. Por favor, revisade de cando en vez a carpeta de "Spam" ou "Correo non desexado" por se fose o caso. Sobre todo, despois de ter anunciado por esta web que se está enviando algún tipo de información por mail a todas as familias. Xa sabemos que son moitas as cousas a ter en conta e as molestias, pero na situación que nos atopamos non queda outra que facer un esforzo no beneficio dos vosos fillos e fillas, que son os máis importantes neste momento.

Unha vez máis. moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

Moito ánimo, que xa queda menos.

 

 


imprimir