Mensaxe do colectivo Martín Codax

Mensaxe do colectivo Martín Codax

Querida familia Martín Codax:

Como sabedes, estamos nunha situación nova, estraña e difícil de levar.

Sabemos que para unha escola coma a nosa, socialmente comprometida, o feito de seguir os consellos e instrucións das autoridades sanitarias e educativas será duro, pero fará que nos sintamos máis solidarios e responsables.

Supoñemos que a peor parte será para as nosas nenas e nenos que non poderán desfrutar da convivencia diaria coas súas compañeiras e compañeiros e para as familias que terán unha dura proba de paciencia e saber facer coa súa prole.

Pola nosa parte, só podemos enviarvos a nosa forza, ánimo e agradecemento, e desexar que a volta a unha normalidade segura sexa o máis pronto posible. Coidádevos moito, lede, xogade e aproveitade esta grande oportunidade de aprender e desfrutar no fogar, xuntos. Moita forza e ata pronto.

 

As persoas que formamos esta escola

 

 


imprimir