Información coronavirus

Información coronavirus

03-04-20

Comunicáronse ás familias as cualificacións da segunda avaliación a través do mail dos titores e titoras de cada grupo.

 

30-03-20

Na sección de circulares da área privada tedes subida información sobre o mecanismo de comunicación dos resultados da segunda avaliación.

 

25-03-20

Na sección de circulares da área privada tedes información sobre casos de coronavirus.

 

23-03-20

Na sección de circulares da área privada modificouse a información relativa aos recibos do mes de abril.

 

18-03-20

Na sección de circulares da área privada tedes información relativa aos recibos do mes de abril.

 

17-03-20

Na área privada da web, na sección zona académica, iránse colgado actividades das diferentes materias e cursos a medida que vaian pasando os días.

As tarefas aparecen ordenadas cronolóxicamente (as primeiras que aparecen son as máis recentes) dentro de cada curso.

Lembrade que tedes os correos do profesorado para consultar dúbidas.

  

16-03-20

Ante a masiva solicitude de altas na web da escola, pedímosvos un pouco de paciencia. A validación non é inmediata.

Por motivos de seguridade temos que comprobar os datos antes de validala. Ao longo do día iránse validando todas as solicitudes.

Lembrade que só se validarán contas de pais ou nais (ou titores legais), nunca do propio alumnado.

 

14-03-20

A escola permanecerá pechada a partir do luns 16-03-20 ata novo aviso en todos os servizos (incluído a secretaría). Permanecede atentos á información a través desta vía. 

Paralízase o prazo de admisión de novo alumnado. Para máis info, consultar a sección Secretaría/Admisión da web da escola.

 

13-03-20

Na zona académica da área privada están colgadas tarefas para os vosos fillos e fillas. Aquí tedes instrucións de como acceder.

Instrucións para acceder ás tarefas do alumnado

 

12-03-20

Seguindo instruccións da Xunta, suspéndense as clases a partir do día 16. Na circular adxunta hai máis información relativa ao asunto.

Permanecede atentos aos cambios a través desta vía.

 

Circular suspensión clases coronavirus

Enlace ás medidas tomadas pola Consellería de Educación

Páxina do SERGAS sobre o coronavirus

 

 

 

 


imprimir