Comeza o terceiro trimestre

Comeza o terceiro trimestre

Estimadas familias.

Co remate do “período vacacional” de semana santa, mañá, martes 14 de abril, comeza oficialmente o 3º trimestre. Ante a falta de novas instrucións por parte das autoridades educativas, de momento seguiremos coas dinámicas de traballo establecidas ata agora. Estade pendentes dos anuncios na web da escola e das propostas de traballo por parte dos mestres e mestras a través da zona académica.

Pola prensa, temos constancia de que hai prevista unha reunión da conselleira de educación coa ministra para este mércores, 15 de abril, co que supoñemos que a partir do luns próximo teremos novas indicacións de cómo abordar este terceiro trimestre e o remate deste curso 2019-20.

Por outro lado, insistir en que esteades pendentes da web da escola como medio oficial de todas as comunicacións, sobre todo a través da sección “actualidade” (na páxina de inicio) e de circulares. Estade tranquilas e tranquilos ao respecto, xa que todo aquilo que sexa importante será moi visible na páxina de inicio da web da escola.

Sen máis, como sempre, recibide o máis sincero e cariñoso apoio de todo o colectivo Martín Codax.

 

 


imprimir