Actualidade

Nova circular

Nova circular

Lembrade que na Área privada da web, na sección Circulares, tedes colgadas circulares con información referente a éscola e a emerxencia sanitaria. Ésta será a vía oficial de comunicación coas familias, xunto cos anuncios na zona de "actualidade" da páxina de inicio. Consultade de cando en vez ambas seccións.

Neste enlace, tedes un resumo das notificcións e novidades máis importantes que se foron comunicando pola web da escola.

Por outro lado, aos nenos e nenas pode facerlles ilusión visualizar fotos de eventos, saídas e outros actos da escola. Colgaremos algún máis dos que hai na sección Galerías multimedia.

 

Ánimo, paciencia e moita forza !!!

 

Mensaxe do colectivo Martín Codax

Mensaxe do colectivo Martín Codax

Querida familia Martín Codax:

Como sabedes, estamos nunha situación nova, estraña e difícil de levar.

Sabemos que para unha escola coma a nosa, socialmente comprometida, o feito de seguir os consellos e instrucións das autoridades sanitarias e educativas será duro, pero fará que nos sintamos máis solidarios e responsables.

Supoñemos que a peor parte será para as nosas nenas e nenos que non poderán desfrutar da convivencia diaria coas súas compañeiras e compañeiros e para as familias que terán unha dura proba de paciencia e saber facer coa súa prole.

Pola nosa parte, só podemos enviarvos a nosa forza, ánimo e agradecemento, e desexar que a volta a unha normalidade segura sexa o máis pronto posible. Coidádevos moito, lede, xogade e aproveitade esta grande oportunidade de aprender e desfrutar no fogar, xuntos. Moita forza e ata pronto.

 

As persoas que formamos esta escola

 

 

Escola pechada

Escola pechada

Por recomendación das autoridades sanitarias, esta escola pechará as súas portas ata novo aviso.

Para calquera consulta poden contactar con nós a través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Seguiremos informando a través desta vía.

 

 

Instrucións acceso tarefas

Instrucións acceso tarefas

 

Na área privada da web dentro da zona académica están colgadas as tarefas para estes días que podedes descargar para os vosos fillos e fillas.

Lembrade que para que os pais e nais poidades acceder a esta zona tedes que estar dados de alta como usuarios.

 POR FAVOR, QUE NON SOLICITE ALTA NA WEB O ALUMNADO, SÓ PAIS E NAIS (OU TITORES LEGAIS)

 

 Se tedes dúbidas de como acceder podedes consultar as instrucións no enlace de abaixo.

Tede en conta que a validación dos novos usuarios non é inmediata. Por motivos de seguridade temos que comprobar os datos antes de validala. Ao longo do día iránse validando todas as solicitudes.

Lembrade que só se validarán contas de pais ou nais (ou titores legais), nunca do propio alumnado.

Así mesmo, lembrade cubrir correctamente todos os datos do formulario, incluídos os datos dos fillos e fillas na escola.

 

 Instrucións de acceso ás tarefas

 

Ánimo e paciencia...

 

Moitas grazas

 

 

 

 

Horario de atención

De 9:00 a 14:30
17:00 a 20:00
Luns - Venres

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.