Charla ás familias PLDa

Charla ás familias PLDa

Este xoves comeza unha serie de catro charlas, dentro do Plan Local sobre Drogadicción e outras Adiccións promovido polo concello de Vigo. As charlas están dirixidas ás familias. Terán lugar no ximnasio da escola ás 19:00 os xoves 23 e 30 de xaneiro, 13 de febreiro e 5 de marzo.

Paralelamente, como ven sendo habitual nos últimos anos, realizaránse unhas sesións, coa mesma temática, co alumnado de 5º e 6º de primaria e co alumnado de ESO.

 

Podedes atopar más información na sección Circulares da área privada da web.

 

Neste enlace pódese atopar a información que o concello de Vigo ofrece na súa web sobre o PLDa.