Festa 50 aniversario
Festa 50 aniversario
graffiti 50 aniversario
Actualidade
graffiti 50 aniversario
A Escola
A Escola
A Escola
Infantil
Ed. Infantil
Infantil
Primaria
Ed. Primaria
Primaria
Secundaria
Ed. Secundaria
Secundaria
Axenda
Axenda
Axenda
previous arrow
next arrow

Actividades culturais

Un dos fundamentos principais do funcionamento da escola é achegar o alumnado á vida real mediante o contacto directo. Por iso pretendemos, na medida do posible, que os rapaces poidan vivir, de forma directa, todo tipo de manifestacións culturais.

A semana cultural

A Semana Cultural é un período de tempo onde o alumnado de Secundaria crea actividades para as nenas e nenos de primaria coa intención de difundir coñecementos de música, ciencias, lingua e literatura, artes, etc., a través da experiencia directa en distintos obradoiros. Os maiores involucran aos pequenos nas actividades de forma que poidan comprobar como os coñecementos se aplican á vida real: constrúen e crean novos instrumentos, investigan conceptos científicos, interactúan coa lingua a través de xogos, coñecen a literatura, aprenden sobre os escritores galegos, coñecen xeografía e historia, achéganse á tecnoloxía e á física, gozan de actuacións musicais e teatrais…

Nesta semana o o profesorado cede o seu posto ao alumnado de secundaria, para que eles, ensinando, descubran o positivo de transmitir e espertar o interese, de compartir experiencias cos “alumnos” aínda que non sempre sexa fácil.

Todas estas actividades e experiencias teñen o valor engadido de que a única lingua que se emprega para a comunicación entre maiores e pequenos é o galego, dotando a nosa lingua dunha presenza na boca e na vida do alumnado que desafortunadamente non ten ao longo de todo o ano. Convértese por tanto esta semana nunha ferramenta de normalización lingüística de grande utilidade.

Desde o ano 2013 un grupo de alumnos encárgase da difusión de todo o que acontece durante esta semana a través de redes sociais como Twitter e Facebook, así como a través dun blog que se crea ex profeso para o evento. Contamos en ocasións coa colaboración de xornais como o Atlántico Diario, Faro de Vigo ou La Voz de Galicia que nos ceden un espazo para que o noso alumnado difunda o seu traballo a toda a sociedade.

Blog de actividades 2013

Blog de actividades 2014

Blog de actividades 2015

Blog de actividades 2016

Blog de actividades 2017

Vídeo Semana Cultural 2014:

Actualidade

Ver todos
A semana pasada
Card image

Na sección circulares da área privada da web da escola ted...

Hai 3 semanas
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús de abril no apartado ...

Hai un mes
Card image

Mañá mércores visitaremos o Museo Quiñones de León cos ...

Hai un mes
Card image

Temos prevista unha visita a Granxa Corazón de Carballo, ...

Blog da escola

Ver todos

17/05/23
Ahi ven o maio de flores cuberto.....

21/05/23
 Hai uns días, os máis peques de primaria fixeron a súa primeira saída con noite incluída. Nesta ocasión fomos pasar unhas xornadas de campamento a...

05/05/23
  Os nenos e nenas de 5 anos pasaron un marabilloso día na granxa, estiveron rodeados de natureza e descubriron todos os coidados que precisan tanto a ...

25/04/23
  Os nenos e nenas de 5 anos seguen descubrindo os tesouros que agocha a nosa Ría. Esta vez tocou coñecer o acontecido na Batalla de Rande. ...

14/03/23
O pasado xoves, os nenos e nenas de 1º de Primaria fixeron unha saída a Apípolis na que ademais de pasar unha xornada estupenda, descubriron o marabilloso mu...

09/03/23
Como ben di o refraneiro popular... Máis vale tarde que nunca! Na área privada tendes algunhas fotiños das saídas que fixemos co alumnado de 1º de Prima...
bloganpa
Blogs de aula
Instalación fotovoltaica - Unión Europea e Instituto Enerxético de Galicia

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.