A Escola
A Escola
A Escola
previous arrow
next arrow

Corte de tráfico na entrada da nosa Escola

Estimadas familias:

   A partir de  mañá, Martes día 10, os traballadores e traballadoras do Aero Club de Vigo, teñen convocada unha serie de concentracións, autorizadas pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra que cortarán o tráfico na rotonda da Avenida de Peinador próxima á entrada da escola de Infantil  entre as 14:00 e as 15:00 horas

Ao coincidir coa hora de saída do noso  alumnado a recollida de nenos e nenas por parte dos pais e nais,e a saída do transporte escolar veranse notablemente alteradas. Esperamos a presenza da policía local e nacional para facilitar a saída.

A continuación os indicamos as pautas a seguir polas familias para solucionar na medida do posible os inconvenientes que, inevitablemente as concentracións van provocar.

 

Recollida na Escola en coche particular:

Adiantando hora de recollida
- Primaria e Secundaria: Poderedes recollelos ao rematar o segundo  recreo de primaria ( ás 13:30 horas) pola entrada principal. Por favor, ter avisados aos nenos e nenas de que vos esperen alí para evitar interrumpir a marcha das clases.
- Infantil: Poderedes recollelos ás 13:30 na porta dianteira da Escola de Infantil ou por o Camiño das Patas.

En horario habitual
- Aparcar no tramo da Avda. do Aeroporto anterior ao cruce coa Carretera a Redondela. De escoller esta opción, unha vez recollades aos vosos fillos-fillas, podedes facer uso da rotonda que hai dirección Redondela, para dar volta e retomar a Avda. do Aeroporto.
-Aparcar no IFEVI e facer andando o traxecto ata o Colexio.


Recomendámosvos non facer uso do Camiño das Patas (no lateral de Infantil), pois a saída cara a rotonda estará cortada e no sentido contrario produciríase un gran atasco.

 

Alumnado que fai uso do transporte escolar:

Tentaremos que saia o antes posible, pero contade con que haberá retrasos na chegada dos autobuses.

Disculpade as molestias que esto ocasionará, pero é por causas alleas á escola.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Actualidade

Ver todos
Hai 3 semanas
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús deste mes no apartado...

Hai 4 meses
Card image

Achegámosvos panfletos informativos do Conservatorio Profes...

Hai 6 meses
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús de decembro no aparta...

Blog da escola

Ver todos

11/05/26
Os nenos e nenas de tres anos a semana pasada puideron facer unha merenda campestre. Grazas ao bo tempo saíron da rutina e gozaron da compañía dos seus amigo...

11/05/26
Deixámosvos na área privada as fotos das últimas saídas que fixeron os nenos e nenas de 4 anos neste trimestre. ...

04/05/26
   O pasado xoves a rapazada de 5 anos pasou o día na granxa escola Corazón de Carballo....

02/05/26
Os nenos e nenas de tres anos pasaron un día na granxa, alí coñeceron a unha chea de animais. Canta emoción! Podedes ver as fotos na área privada....

19/04/26
Este curso fixemos un proxecto coa rapazada de 5º e 6º. “Proxecto residencia”....

17/03/26
Na nosa escola apostamos por un lecer activo, saudable e sostible. Por iso, puxemos á disposición do alumnado un parque de bicicletas....