Benvidas/os ao Colexio Martín Codax
A escola onde cabemos todas e todos.
En equilibrio co coñecemento, a creatividade, a afectividade e a vida en sociedade.
Corría o ano 1971 cando…
“Tatá” (Margarita Viñas Neira, pedagoga e mestra de Estudios Ceibe) xunto cun grupo de mestras e mestres fundan, na contorna de Vigo, o colexio Martín Codax.
Un novo proxecto educativo con carácter humanista que rompía co modelo tradicional de ensino.
O Martín Codax converteuse nun espazo facilitador e dinamizador de situacións de aprendizaxe onde os grandes protagonistas son os nenos e nenas.
A nosa Escola é un proxecto vivo e maleable que mantén o espírito que o viu nacer, unha escola que bebe das correntes pedagóxicas contemporáneas máis significativas e que se adapta aos cambios sociolóxicos, laborais e lexislativos que se van sucedendo.
Actualidade
Saída ao parque da Canuda
Halloween! 🦇🦸🏻🦸🏻♀️🐅🕷️🐾
Os nosos servizos
O noso colexio ofrece unha variedade de servizos complementarios educativos pensados para acompañar ao alumnado no seu desenvolvemento integral.
Área privada
Que non se che escape nada!
Nesta área tedes acceso a toda información interna da escola, as circulares coas novas que afecten ao desenvolvemento da vida escolar así coma as datas de reunións de titoría e convocatorias varias. Ademais de desfrutar das imaxes dos vosos fillos e fillas nas diferentes actividades que se desempeñen tanto dentro da escola coma nas saídas.