Recordatorio Inicio de curso 2012-2013

Indicarvos que o alumnado de educación infantil e primaria comezará as clases o mércores 12 de setembro, e o luns día 17 o de educación secundaria, no horario habitual de 9 a 14:30 horas.

A entrada e saída de todos os alumnos que viaxan en coche particular, deberá facerse pola porta que comunica o Colexio co camiño que se atopa nun lateral da escola de infantil (camiño das Patas). O acceso polas entradas situadas na Avenida Aeroporto está reservado para o alumnado que viaxa en transporte escolar. Para o estacionamiento dos coches no devandito camiño deberá utilizarse a marxe dereita (en sentido ascendente) para así facilitar o tránsito dos veciños pola marche esquerda. Por favor, non aparquedes na Avenida do Aeroporto, do lado do Colexio, xa que precisamos ese espazo para o transporte escolar,

Nos primeiros 15 días de clase, convén que o alumnado de 3,4,5 anos e 1º de primaria leven unha notiña suxeita a roupa na que figure o seu nome e apelidos, nº de telefono e se asisten en coche particular ou en transporte escolar (indicade o número de bus)