Informámosvos que na vindeira semana celebrarase a Feira CONXEMAR, no IFEVI, durante os días 4, 5 e 6 de outubro en horario de 8:00 h a 18:00 h.
Ante a considerable cantidade de asistentes a esta feira, e o conseguinte tráfico no entorno da escola, prevemos retencións considerables á hora da entrada e saída do alumnado.
Co fin de tentar aliviar esta situación, permitirase durante estes tres día de feira, a entrada á escola ata ás 9:30 horas e a saída dende as 14:00 horas para todo o alumnado do centro.
Pregámosvos paciencia e colaboración!!!