A Escola
A Escola
A Escola
previous arrow
next arrow
Agradecemento e máscaras

Agradecemento e máscaras

Estimadas familias:


En primeiro lugar, queríamos transmitirvos o noso máis sincero agradecemento polo colaboración que estades a demostrarnos neste comezo de curso respectando a organización de entradas e saídas asignadas. Sabemos o trastorno que isto supón para moitos de vós que tedes mais dun fillo ou filla na escola. Grazas a isto todo vai discorrendo con fluidez. Esperemos que na vindeira semana que comeza a ESO, continuemos igual.
Xa vos anunciamos que, de momento, o último protocolo da Consellería de Educación referente ás distancias de seguridade na ESO, vainos obrigar a facer algún cambio na distribución das aulas e, polo tanto, na organización de entradas e saídas dalgún grupo de primaria. Avisarémosvos con tempo.
O motivo desta circular é facervos algúns recordatorios e puntualizacións respecto ao uso das máscaras na escola. Xa sabemos que o alumnado ten a obriga de:

  • Levala sempre no centro dende 1° de Primaria.
  • Traer unha de reposto e algún estoxo ou bolsa onde gardala.
  • Levala sempre no transporte escolar con independencia da idade do alumnado.


Non hai instrucións claras referentes ao tipo de máscara que debe usar o alumnado pero nós recomendámosvos encarecidamente que sexan homologadas e que cumpran, polo tanto, a normativa vixente (podedes consultar o cadro adxunto).
Se todos usamos as que impiden a transmisión de góticulas teremos menos risco de contaxios.

 

Info máscaras


Aproveitamos tamén para lembrarvos a conveniencia de que as familias gardedes a distancia de seguridade e fagades un bo uso da máscara mentres agardades polos vosos fillos e fillas.


Moitas grazas pola vosa colaboración e, para calquera dúbida, xa sabedes onde nos tedes.


Un saúdo
O equipo directivo

Actualidade

Ver todos
A semana pasada
Card image

Achegámosvos panfletos informativos do Conservatorio Profes...

A semana pasada
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús deste mes no apartado...

Hai 3 meses
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús de decembro no aparta...

Blog da escola

Ver todos

30/01/26
Este luns, o alumnado de 4º de primaria visitou o pavillón de Navia onde presenciou un entreno do primeiro equipo do Celta baloncesto feminino. Despois do ent...

28/01/26
O pasado mes tivemos a sorte de contar na escola coa escritora Antía Yáñez, autora de "O misterio de Portomarín", libro que leu a rapazada de 6° de Primari...

09/01/26
  Esperamos que gozarades destas vacacións de Nadal xunto ás vosas familias e amigos.  Xa estamos de volta , comezando novo ano e novo trimest...

11/12/25
Hoxe a rapazada de 5 anos deu un paseo ata o aeroporto para enviar unha sorpresa moi especial por correo. Moi atentas aos buzóns, familias, porque vai c...

25/11/25
Os nenos e nenas de Infantil puideron gozar do teatro e adentrarse na Libraría Máxica. Alí atopáronse unha chea de sorpresas; máquinas que facían o teu pr...

23/11/25
Que marabilloso estar rodeado de libros, de historias, de coñecementos, dos que xa temos e dos que nos quedan por descubrir. Cantas cousas nos agardan entre es...