A Escola
A Escola
A Escola
previous arrow
next arrow
Curso online gratuito

Curso online gratuito

Onte xoves, 19 de maio, comezou o curso gratuito on line Menores e seguridade en internet, organizado pola AEPD (Axencia Española de Protección de Datos), polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado) e polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade).

O curso, que leva aproximadamente tres horas de formación e ten lugar do 19 ao 28 de maio e está dirixido á comunidade educativa, particularmente ás familias.

Responde a preguntas como: Que idade é a máis adecuada para usar o primeiro móbil? Como configuralo? Que riscos teñen os nenos e adolescentes ao navegar por Internet? Como evitalos? Que son as redes sociais? Que ferramentas usan con máis frecuencia no seu tempo de lecer? Como actuar ante unha práctica arriscada? Como ensinar aos nosos fillos, fillas e alumnado a facer un uso responsable e seguro dos dispositivos móbiles?

Estes son os temas do curso Menores e seguridade en internet, un curso en formato NOOC (Nano Open On-Line Course). No curso hai lecturas sobre os contidos propostos, vídeos, enlaces de interese e unha mesa redonda.

Desde a escola parécenos interesante polo que deixamos aquí o enlace para quen estea interesado en saber máis sobre o curso ou inscribirse nel.

https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/blog/apuntate-curso-online-menores-seguridad-red

 

 

Actualidade

Ver todos
Hai 4 meses
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús deste mes no apartado...

Hai 7 meses
Card image

Achegámosvos panfletos informativos do Conservatorio Profes...

Hai 9 meses
Card image

Xa estan a vosa disposición os menús de decembro no aparta...

Blog da escola

Ver todos

19/06/26
O pasado 20, 21 e 22 de de maio a rapazada de 6º de Primaria fixo a súa derradeira excursión de Primaria a Portugal....

07/06/26
Fai un par de semanas desfrutamos de tres días marabillosos en Allariz coas nenas e nenos de 5º de Primaria....

24/05/26
O martes contamos coa visita de Francisco Castro na escola. A rapazada de 6º puido conversar con el sobre “Chamádeme Simbad”, marabillosa novela que tiver...

24/05/26
“Aí vén o maio de flores cuberto…” e un ano máis, a nosa escola encheuse de música, cor, natureza e traballo en equipo. Infantil e Primaria festexa...

23/05/26
 O venres a rapazada de 5 anos saíu dar un paseo pola praia de Samil. Un día marabilloso para gozar da vista das nosas Illas Cíes, merendar ao aire libr...

20/05/26
 A semana pasada a rapaza de infantil visitou a exposición "Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal" en Afundación...