O próximo martes 26 de marzo faremos unha saída co alumnado de 5º de primaria ás xornadas Imatxina. Alí participarán en varios obradoiros de matemáticas manipulativas. Podedes atopar máis información sobre os obradoiros no seguinte enlace.
Deberán traer a merenda de media mañá, auga e ropua axeitada xa que previo aos obradoiros faremos un breve percorrido polo casco vello de Vigo repasando a súa historia.
A saída será dentro do horario lectivo, polo que a recollida será á hora habitual.