O vindeiro venres día 8 de marzo, diferentes movementos feministas e sindicatos convocan unha folga de 24 horas para reivindicar o papel fundamental da muller no mundo laboral e protestar por todas as desigualdades e abusos que sofren as mulleres.
A maioría do persoal feminino da escola secundará a folga de maneira que o normal funcionamento das clases verase alterado por esta causa. Tamén algunhas monitoras das actividades extraescolares e monitoras de autobús secundarán esta folga.
As alumnas de ESO que queiran secundar a folga, por seren menores de idade, terán que traer un xustificante asinado pola nai ou pai, antes do día 8.
Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.