Títeres na Escola para Infantil e 1º Ciclo de Primaria

Mañá venres, 14 de decembro, visitará o Colexio a compañía salvadoreña Ocelot Teatro que, en colaboración co equipo organizativo do Festival Internacional de Títeres de Redondela, está de xira por Galicia. Van representar, para todo o alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo de Primaria, a obra "LA HISTORIA DE UN HUEVO", montaxe con títeres de guiñol.