Promoción do consumo de froita fresca nos centros escolares

Durante esta semana estamos a participar nunha campaña de promoción do consumo de froita fresca nos centros escolares, promovida pola Xunta de Galicia coa axuda financiera da Unión Europea. É por isto que dende hoxe e ata o venres, tódolos nenos e nenas da Escola terán a ocasión de consumir froita de temporada durante o recreo.

O obxectivo desta iniciativa é xeralizar o consumo deste tipo de alimentos entre a poboación escolar.