Continuando coa actividade da que xa vos informamos nunha anterior circular, o alumnado de 6º de Primaria e 1º de E.S.O. asistirá mañá xoves, no teatro Salesianos , a un concerto a cargo da percusionista cubana que nos visitou a semana pasada, acompañada do seu trío.