Benvidas/os ao Colexio Martín Codax

A escola onde cabemos todas e todos.

En equilibrio co coñecemento, a creatividade, a afectividade e a vida en sociedade.

Educación Infantil
Saber máis
Educación Primaria
Saber máis
Educación Secundaria
Saber máis

Corría o ano 1971 cando…

“Tatá” (Margarita Viñas Neira, pedagoga e mestra de Estudios Ceibe) xunto cun grupo de mestras e mestres fundan, na contorna de Vigo, o colexio Martín Codax.

Colexio Martín Codax, década de 1970

Un novo proxecto educativo con carácter humanista que rompía co modelo tradicional de ensino.

O Martín Codax converteuse nun espazo facilitador e dinamizador de situacións de aprendizaxe onde os grandes protagonistas son os nenos e nenas.

A nosa Escola é un proxecto vivo e maleable que mantén o espírito que o viu nacer, unha escola que bebe das correntes pedagóxicas contemporáneas máis significativas e que se adapta aos cambios sociolóxicos, laborais e lexislativos que se van sucedendo.

Área privada

Que non se che escape nada!

Nesta área tedes acceso a toda información interna da escola, as circulares coas novas que afecten ao desenvolvemento da vida escolar así coma as datas de reunións de titoría e convocatorias varias. Ademais de desfrutar das imaxes dos vosos fillos e fillas nas diferentes actividades que se desempeñen tanto dentro da escola coma nas saídas.

Iniciar sesión
Colexio Martín Codax
Avda. Aeroporto, 734 36318 Vigo, Pontevedra 986 288 095 info@colexiomartincodax.com
Deseño e desenvolvemento desoños