aprende bioloxía mariña con Bob Esponja!!!

Posted by eloy on Tuesday, August 17. 2010 at 17:44 in curiosidades
Na magnífica páxina de divulgación científica amazings.es atópase unha entrada adicada a explicar algúns aspectos da bioloxía mariña a partires de persoaxes da serie de debuxos Bob Esponja. As láminas son realmente boas, pero a explicación delas todavía é mellor. Unha mostra:







O artigo completo aquí, e o blog do autor do artigo acá.

aqueles marabillosos anos

Posted by eloy on Wednesday, July 14. 2010 at 11:38 in curiosidades
Gracias ao twitter de Manuel Bragado, descubro este vídeo de 1992, promocionando o ensino en galego e facendo publicidade da labor editorial de Edicións Xerais. Os rapaces que saen son do noso colexio. E, atención especial ao minuto 3.50.

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo.

Exercicios de repaso para o verán.

Posted by eloy on Monday, June 28. 2010 at 21:26 in eloy
Matemáticas 3º ESO
Matemáticas 4º ESO

Exercicios de repaso.

Posted by eloy on Friday, April 30. 2010 at 18:40 in matemáticas 4º ESO
Deixo aquí algúns exercicios extra de cara ao exame de matemáticas de 4º da ESO da próxima semana.
Click.

dúas cousas

Posted by eloy on Wednesday, March 31. 2010 at 23:17 in eloy
- Solucións dos exercicios de repaso de Física de 4º de ESO: click.
- Enunciado completo do problema dos buses do Colexio para aqueles que non o fixeron no seu momento: click.

(Dúbidas, preguntas ou consultas: eloy[at]colexiomartincodax.com)

o valor de escribir correctamente

Posted by eloy on Thursday, March 4. 2010 at 22:59 in curiosidades
Encántame esta ilustración pertencente á serie Scrabble de Eduardo Salles e que descobrín gracias a microsiervos:



Datas exames de recuperación

Posted by eloy on Wednesday, December 23. 2009 at 20:51 in eloy
Debido a un erro, nas notas de 3º e 4º da ESO non apareceron as datas dos exames de recuperación das asignaturas de matemáticas de 3º e 4º e de Física de 4º. Son as seguintes:

- Matemáticas 3º ESO: mércores 20 de xaneiro. (Exercicios de repaso)
- Matemáticas 4º ESO: xoves 21 de xaneiro. (Exercicios de repaso)
- Física 4º ESO: luns 25 de xaneiro. (Exercicios de repaso)

non todos os anuncios navideños teñen porque ser un horror

Posted by eloy on Monday, December 21. 2009 at 23:11 in curiosidades
Este paréceme moi simpático, aínda que non sei que anuncia exactamente.

Experience Mobile Mobile from James Théophane Jnr on Vimeo.

exercicios de repaso

Posted by eloy on Monday, December 14. 2009 at 18:40 in química 4º ESO
Os da ecuación de estado do gas ideal: click
(Dudas, cuestións, etc: eloy@colexiomartincodax.com)

os perigosos elementos da primeira columna da táboa periódica

Posted by eloy on Saturday, November 21. 2009 at 00:51 in química 4º ESO
No seguinte vídeo (en inglés, pero se entende perfectamente), obsérvase que lles ocorre aos elementos da 1ª columna da táboa periódica (os alcalinos) ao reaccionar co aire e coa auga. Atención ao final, cando botan rubidio e cesio no recipiente con auga:



Vía la brújula verde

Unha máis de robots

Posted by eloy on Wednesday, November 18. 2009 at 13:23 in eloy
O "Institute for the Future" en colaboración coa empresa de ordenadores Sun Microsystems e a web boing-boing (subtitulada con acerto "asombros cotiás") convocan dende 2008 un concurso anual a nivel planetario para todos os adolescentes menores de 17 anos baixo o nome de Digital Open 21st Century Science Fair. Trátase de presentar un proxecto innovador no eido da ciencia e da tecnoloxía que sexa orixinal e esté desenvolvido polos propios participantes. A convocatoria de 2010 abrirase en abril, e, ata agosto, os interesados, individualmente ou en grupo, poderán enviar os seus proxectos á páxina web do Institute for the Future. Os premios son interesantes, pero quizais o mellor é que os autores son promocionados na propia páxina xunto coas súas creacións. Algúns dos gañadores na edición deste ano recibiron xa ofertas dalgunhas universidades norteamericanas para incorporarse a elas cando rematen os seus estudios secundarios.

Entre os proxectos de 2009, destaca este robot creado por un grupo de estudiantes de San José (California), no que destacan o seu deseño, a súa facilidade de montaxe e a sinxeleza no seu uso.



Un participante de Cataluña levou unha mención polo seu proxecto de casa ecolóxica. Podedes botar un ollo á todos os proxectos aquí.

Papel de parede antibombas

Posted by eloy on Tuesday, November 17. 2009 at 21:59 in química 4º ESO
A empresa Berry Plastics e o corpo de enxeñeiros do exército USA veñen de patentar un papel de parede (como ese de flores ou rombos que hai nalgunhas habitacións de todas as casas) capaz de facer que unha parede aguante o impacto dunha bomba.

Este "papel" de parede está feito de kevlar (coñecido quimicamente como poliparafenileno tereftalamida), material sintético dotado de propiedades como as seguintes:

- Alta forza extensible
- Alongamento baixo ou rixidez estrutural
- Conductividade eléctrica baixa
- Alta resistencia química
- Contracción termal baixa
- Alta dureza
- Estabilidade dimensional excelente
- Alta resistencia ao corte

(Este conxunto de propiedades fan que, por exemplo, sea o material elixido por batman para facer o seu famoso traxe-armadura nas películas "batman dark knight" e "batman begins", ou sexa, toda unha garantía)

Hai un vídeo realizado por popsci.com que amosa a increíble capacidade desta resina sintética para absorber a enerxía dos impactos:



Vía geekologie

el país de los estudiantes 2009-10

Posted by eloy on Monday, November 9. 2009 at 16:23 in eloy
Lembrade que o próximo xoves 12 os alumnos de 4º de ESO interesados en participar no concurso "el pais de los estudiantes" están convocados a unha reunión de 15.30 a 17.00 para rexistrarse como integrantes do equipo (ou equipos) do colexio.

periodic taxi

Posted by eloy on Saturday, October 31. 2009 at 18:35 in curiosidades
ou "como aproveitar os atascos para repasar o noso coñecemento da táboa periódica"



(A idea é cousa de the Oxford Science Park, un centro de excelencia adicado á tecnoloxía científica e ao desenvolvemento de empresas relacionadas con esta rama do saber)

E outra de robots

Posted by eloy on Thursday, October 29. 2009 at 23:40 in curiosidades
Atención a DASH (Dynamic Autonomous Sprawled Hexapod), o robot inspirado nunha cucaracha desenvolvido polo laboratorio de Biomimética da Universidade de Berkeley (California) feito con papel laminado cortado ao laser con algúns polímeros. Móvese moi depresa e pode caer dende 28 m e continuar co seu movemento como se nada. No vídeo, os autores do invento montan o mini-robot en 57 minutos!



Vía Make Magazine

Se hai alguén máis interesado no tema de facer robots, existe unha páxina magnífica para iniciarse no arte de construír estes aparellos: letsmakerobots

Unha de robots

Posted by eloy on Wednesday, October 28. 2009 at 22:53 in curiosidades
Un grupo de alumnos de 4º da ESO vai participar nun concurso organizado polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), presentando un proxecto dentro da sección "robótica espacial" (as bases, por se alguén máis se anima, poden atoparse aquí). Entre outras cousas, o robot que deseñen (e constrúan!) debe ser capaz de recoñecer obxectos no seu camiño e de rodear obstáculos. Dadas as datas nas que case nos atopamos, déixolles aquí un vídeo para ver se poden coller algunha idea (e de paso botar unhas risas, porque o proxecto vai darlles algunhas dores de cabeza).

A reciclaxe pode ser divertida!

Posted by eloy on Tuesday, October 20. 2009 at 22:44 in curiosidades
Dentro do proxecto the funtheory de volkswagen atopei esta idea: un contenedor para reciclar vidro que invita á persoa que está reciclando a xogar con el. Ao mellor colocando uns pocos miles destes contenedores en Galicia aumentábamos a nosa taxa de reciclaxe de vidro, unha das máis baixas de Europa (13,6 kg por persoa no ano 2008, case un 60% do vidro que se consume).

O carro do supermercado que se transformou nun F1

Posted by eloy on Tuesday, October 20. 2009 at 19:24 in curiosidades
Un grupo de estudantes do MIT (Massachussets Institute of Technology) transformaron un carriño de supermercado nun vehículo eléctrico. Este novedoso medio e transporte acada unha velocidade de 35 millas por hora (uns 55 km/h). Según conta a crónica da noticia na páxina web do MIT, ao facer o vídeo de proba puxéronlles unha multa por circular sen casco. Dentro vídeo.

50 anos de misións espaciais nunha soa imaxe

Posted by eloy on Thursday, October 15. 2009 at 09:19 in física 4º ESO

Imaxes a 1.000.000 de fotogramas por segundo

Posted by eloy on Thursday, October 15. 2009 at 09:14 in curiosidades
Hipnótico!




Vía

a historia da arte (ou parte dela) da man de bob esponja

Posted by eloy on Saturday, August 22. 2009 at 00:40 in curiosidades
Para celebrar o décimo aniversario do personaxe de debuxos animados (creado polo biólogo mariño Stephen Hillenburg), o Pavillón da auga de Paris ven celebrando, dende o pasado 10 de xullo e ata o 21 de novembro, unha exposición na cal dez cadros fundamentais da historia da arte dos últimos cincocentos anos son recreados co protagonismo do tipo "que vive debaixo da piña no fondo do mar". Fronte a cada un dos cadros protagonizados por Bob unha reprodución da obra orixinal da conta do autor, do seu contexto e dos significados que contén o cadro escollido.





Poden verse todas as obras da exposición aquí.
(Se alguén anda pola capital de Francia nestes días, xa sabe, é obrigatorio visitar o Pavillón da auga. Para aprender Historia de Arte, claro, pero tamén para descubrir a historia do propio Bob)

samparkour

Posted by eloy on Monday, July 6. 2009 at 14:38 in curiosidades
A cidade brasileira de Sao Paulo vista dende a perspectiva dun traceur local, Zico Corrêa. A curta, rodada polo director Wiland Pinsdorf amosa unha forma magnífica de promocionar unha cidade. Alguén pode imaxinar algo semellante feito en Vigo? Eu penso que o resultado sería como mínimo tan fermoso coma este.


SAMPARKOUR por Wiland Pinsdorf en Vimeo.



[Vía manuelgago.org]

Os exercicios do curso 08/09

Posted by eloy on Tuesday, June 30. 2009 at 17:34 in eloy
Para quen teña a asignatura pendente para setembro, estos son os boletíns de exercicios desenvolvidos durante o curso:

MATEMÁTICAS 3º ESO | MATEMÁTICAS 4º ESO | FÍSICA 4º ESO | FORMULACIÓN

(Para os que teñan pendente a física de 4º da ESO, "lembrarvos" que entran os temas 1-6 e 9-12 do libro de texto)

exercicios de repaso matemáticas 3º ESO

Posted by eloy on Friday, June 5. 2009 at 18:29 in matemáticas 3º ESO
click

Exercicios de repaso física 4º ESO

Posted by eloy on Tuesday, June 2. 2009 at 22:35 in física 4º ESO
click
Actualización: as solucións

Calendar

Back September '10
Mon Tue Wed Thu Fri Sat Sun
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Entradas recentes

aprende bioloxía mariña con Bob Esponja!!!
Tuesday, August 17 2010

aqueles marabillosos anos
Wednesday, July 14 2010

Viaxe a Barcelona 2010
Thursday, July 1 2010

Exercicios de repaso para o verán.
Monday, June 28 2010

Mais fotos da viaxe de Lugo- Salamanca
Thursday, June 24 2010

Gran Premio F1-3º ESO
Wednesday, June 23 2010

Gran Premio F1_3º eso
Wednesday, June 23 2010

Viaxe a Lugo - Tordesillas e Salamanca dos alumnos e alumnas de 2º
Saturday, June 19 2010

MADRID 2010
Saturday, June 19 2010

Video do Festival 2010
Friday, June 11 2010

Comentarios

Ex Alumno Chacón about Invento Revolucionario
Mon, 16.08.2010 00:25
Encántame.Sinxelamente,encanta me.Creo que no video queda tod o dito.Unha aperta!


carmen about e algunha foto máis do festival
Mon, 21.06.2010 15:17
En el festival de fin de curso del Martin Codax siempre se v en obras de arte. Aunque mis hijos ya no participen e [...]


sara about Festival 2010_sábado
Sat, 12.06.2010 09:37
xavi encantame ese grupo, xa c hamaras dende Barcelona non?


Xavi about Festival 2010_sábado
Fri, 11.06.2010 21:56
Esta canción é do disco Plans de Death Cab for Cutie e t itúlase Marching Bands of Man hattan


, about Festival 2010_sábado
Fri, 11.06.2010 16:03
Como se chamaba a primeira can cion do video la xeneración do 94?


Mª Holanda Rodríguez about e algunha foto máis do festival
Mon, 07.06.2010 22:19
Son a nai de Carmen (4ºB) e Ju an de Cabo (2ºC) Este é o noso primeiro ano no colexio e só p odemos dicir que estamos [...]


Xavi about Exemplos de sintaxe
Sun, 06.06.2010 21:48
Depende do sentido que ti lle deas. Se entendemos que o feit o de que os ovos procedan de a nimais é a causa de que [...]


Claudia about Semana cultural 2010
Sun, 06.06.2010 21:45
Jaja, de nada Lourdes. Un prac er para mín sacalas :-)


eloy about Festival 2010_sábado
Sun, 06.06.2010 14:43
Magníficas!!! Noraboa Lourdes! !!


Lourdes about Festival 2010 _venres
Sun, 06.06.2010 13:09
Certo! Fáltame o enlace o blog dos profes. De todas formas se xa as queres ver están no mes mo álbum das do festival.


Estrela about Exemplos de sintaxe
Sat, 05.06.2010 13:33
Xavi, na frase "hai vexetarian os que non comen ovos porque d erivan de animais" "que non c omen ovos porque derivan [...]


Acacia about Festival 2010 _venres
Sat, 05.06.2010 11:56
Que xeniaaaaal! :-) Lourdes, pod erías subir as fotos tamén da semana cultural? Moitas grazas !


Anonimo about Salvaterra 2010
Thu, 03.06.2010 00:21
Gracias !!!!


eloy about Salvaterra 2010
Tue, 01.06.2010 09:50
Do diccionario de galego on li ne de "Ir Indo": Marabilloso p ort: maravilhoso -sa cast: mar avilloso -sa ingl: wonder [...]


anonimo about Salvaterra 2010
Tue, 01.06.2010 08:55
Uy !!, pero maravilloso no es con V ????. Ojito!!!


Blog Administration

Nube de etiquetas

Quicksearch

Powered by

Serendipity PHP Weblog

Creative Commons

Creative Commons License - Some Rights Reserved
Original content in this work is licensed under a Creative Commons License