Abarca dos doce aos dezaseis anos.
A finalidade da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científíco e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.