Consideramos a "escola" como o lugar que favorece o desenvolvemento integral do alumno, tendo en conta os elementos que forman parte deste desenvolvemento: aspectos perceptivos, emocionais, funcionais, integradores e cognitivos.
A Psicomotricidade é unha actividade que integra interaccións cognitivas, emocionais, simbólicas e sensoriomotrices co obxectivo de estimular o desenvolvemento a través do xogo e das actividades motriz.
Trabállase con grupos nun ambiente enriquecido con diferentes materiais, no que se establece unha relación distendida entre o adulto e os nenos.
A través da relación co medio, cos obxectos e cos outros, preténdese favorecer e mellorar as capacidades do neno.
No caso de transtornos, patoloxías ou retrasos na maduración de calquera tipo, o traballo é individual ou en pequenos grupos: neste caso o obxectivo vai máis alá da estimulación, xa que, en segundo en que casos, preténdese modificar ou aliviar e mellorar o comportamento xeral do neno facilitando o desenvolvemento de todos os aspectos da súa personalidade e a súa interacción co entorno.
Con motivo do traballo por proxectos, planificaranse distintas saídas, fóra da escola, que axuden a complementar o traballo na clase e que axuden na autonomía do neno.
Tamén contamos cun departamento de orientación que inclúe unha psicóloga, unha mestra de pedagoxía terapéutica e unha mestra de audición e linguaxe.
A través dunha metodoloxía lúdica, os nenos adquirirán o seus primeiros conceptos musicais. Os instrumentos de traballo son os contos, monicreques, cancións populares e instrumentos; ademais do propio corpo, que serve de son, e as novas tecnoloxías.
A clase de plástica preséntase nunha aula diferenciada das demais, na que se pretende estimular a expresión espontánea dos pensamentos e as emocións, posibilitando a reconstrución das súas experiencias, a través de diferentes materiais.
En Educación Infantil comeza o primeiro acercamento dos nenos aos materiais audiovisuais, co obxectivo de iniciar un sentido crítico, a fin de que a imaxe non sexa percibida pasivamente, sen exercer ningún elemento de xuízo sobre a mesma. Trátase de sensibilizar o aspecto creativo e expresivo do neno potenciando o seu espírito de observación.
As aulas de cinco anos están dotados de ordenadores que axudaran a mestres e nenos na procura de información estimulada polo traballo por proxectos, e que fomentará nos nenos o manexo das novas tecnoloxías.
Os nenos de tres e catro anos disporán dunha aula con dous ordenadores, un canón e un encerado dixital para utilizar cando a necesidades educativas dos nenos as precisen.
Durante os primeiros anos de escolarización, os nenos non teñen medo a cometer erros. Aprenden o vocabulario e as entonacións das expresións coloquiais por imitación. As palabras e as expresións adquiren sentido a través de xestos mediante actividades lúdicas. É un momento estupendo para iniciar unha lingua nova.