Un dos fundamentos principais do funcionamento da escola é achegar ó alumnado á vida real mediante o contacto directo. Por iso tratamos, na medida do posible, de que os rapaces poidan vivir, de forma directa, todo tipo de manifestacións culturais.
Celébras en maio, nas datas próximas ao Día das Letras Galegas, e nela pretendemos que os alumnos entren en contacto co mundo da cultura dentro da propia escola. Para iso organízanse, intercaladas coa actividade docente habitual, conferencias, obras de teatro, visionado de películas, contacontos, etc.
Dentro da "semana cultural", ten lugar a SEMANA DAS CIENCIAS. Cada curso dedícase a un tema científico diferente. Son os rapaces e rapazas de 4º da ESO os que se encargan de organizala apoiados polos profesores do departamento de Ciencias e Tecnoloxía. Mediante experimentos, vídeos explicativos, dramatizacións, programas informáticos interactivos... Os alumnos de 4º de secundaria achéganlles ós mais cativos (desde infantil ata 6º de primaria), dunha forma moi sixela, os principios científicos relacionados co tema a tratar.