Exteriormente, o Martín Codax non aparenta unha escola corrente como a que poderíamos ter en mente, senón que se configura como unha pequena praza de cidade (patio e pista deportiva), ó redor da cal se sitúan varias construccións que funcionan como edificios de aulas de Primaria e Secundaria Obrigatoria, e nos cales tamén se emprazan as oficinas administrativas e outros servicios didácticos e psicopedagóxicos do Centro.
Máis alá atópanse o edificio e o campo de xogos do alumnado de Educación Infantil, e as áreas verdes.
Rodeando todo isto, un espacio amplo con enreixado, dentro do cal os rapaces e rapazas xogan libremente e gozan do tempo libre, cohabitando cunha abundante comunidade de paxaros que vive no pequeno bosque de pinos, bidueiros, aciñeiras, eucaliptos, abetos, matagueira e campo, elementos utilizados ademais como recurso didáctico, especialmente nas materias e áreas curriculares relacionadas coas Ciencias Naturais. |