Hai algo máis de trinta anos, dezaseis profesores e profesoras vigueses de diferentes especialidades, con ideas innovadoras a nivel pedagóxico, abertas e contra a ensinanza tradicional, de ideario político progresista e galeguista; deciden montar a aventura do "Martín Codax".
¿De onde ven o nome de Martín Codax?
A mediados do século XIII existiu un trobador galego-portugués, supostamente orixinario de Vigo ou arredores, chamado "MARTÍN CODAX", que compuxo algunhas das máis belas Cantigas de Amigo que se conserven nos nosos días.
Ademais doutros actos académicos e artísticos, no Día das Letras Galegas tribútaselle unha emocionante ofrenda floral fronte ó monolito na súa honra, que mira a Ría de Vigo sobre un alto do Monte do Castro.
|