Soa o timbre, e remata o recreo para os rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria. Queda o patio baleiro...e de pronto, nuns segundos, empezan a saír correndo todos de novo, pero agora en grupos coas súas mochilas e roupas as costas, dun lugar para outro, como se lles fose a vida niso.
Intentan todos chegar a un lugar (aula), predeterminado para cada grupo, para cada sesión lectiva e para cada día da semana, que tanto maiores como pequenos xa teñen memorizado.
O visitante pode quedar un tanto estupefacto por semellante correría universal que ocupa todo o espacio libre non construído no Colexio. Pero todo ten unha razón de ser: O alumnado cámbiase de aula cada 50 minutos, co que se dinamiza a aprendizaxe, desentumécese o corpo, cambiase de ambiente, e ocúpanse as aulas especializadas en cada materia, onde agarda o profesor ou profesora específico correspondente; é dicir, que son os mozos e mozas os que rotan de aula en aula (o cal normalmente tamén presupón cambiar de edificio), non os docentes. |