Seguindo a programación de actividades do curso 2009/2010, ás que veñen asistindo durante todo o curso os diferentes grupos de alumnos do Colexio, mañá xoves, o alumnado de 4º de Primaria asistirá, no Verbum “Casa das Palabras” , a un espectáculo teatral, musical, didáctico e interactivo titulado “Os 4 da Xunqueira”.
Cumprindo co programa de actividades do curso 2009/2010, mañá martes, día 9, iremos os alumnado de 6º de primaria ao Centro Cultural Caixanova a ver o concerto didáctico “Os instrumentos da orquestra”.
Estimados pais e nais:
Precisamos da vosa colaboración para realizar unha actividade de clase cos alumnos e alumnas de 5 ANOS.
Os vosos fillos teñen que traer un sobre tamaño normal cun selo no que aparezcan os vosos nomes e a vosa dirección.
A finalidade é que os nenos vos escriban unha carta que será enviada dende a Escola.
En canto a recibades, contestarlles enviando unha carta cun pequeno texto ao nome do voso fillo/a ao seguinte enderezo.
COLEXIO MARTIN CODAX
(nome do voso fillo/a)- clase 5 anos
AVDA AEROPORTO, 734
36318 VIGO- PONTEVEDRA
Graciñas
Monse e Carolina
Seguindo a programación de obras teatrais do curso 2009/2010, ás que asisten durante todo o curso diferentes grupos de alumnos do Colexio, maña martes o alumnado de 3º e 4º de Primaria asistirá, no Cine Salesianos, ao espectáculo teatral “ Los Tres Mosqueteros”
Nesta semana, o xoves 11 e o venres 12, celebraremos na Escola o Entroido.
Xoves 11: O horario será o de sempre e haberá actividades extraescolares. Faremos o desfile de comparsas cos disfraces elaborados na aula que como ben sabedes, este ano están adicados ao mundo do circo.
Venres 12: o Colexio empezará ás 11, polo que os autobuses subirán á escola dúas horas máis tarde do habitual e baixarán á hora de sempre. Pola tarde non haberá actividades extraescolares e polo tanto tampouco haberá comedor. A festa será cos disfraces que os nenos e nenas queran traer. Deberán vir vestidos desde casa e, por favor, procurade que os disfraces teñan o menor número posible de complementos para evitar perdas e os conseguintes disgustos. Tamén é importante que eles poidan ter autonomía para ir ao baño. Este día haberá lambetadas para que os nenos poidan mercar (1 € por neno será suficiente) e a recadación irá destinada a axudar á Viaxe de Fin de Curso dos rapaces e rapazas de 4º da E.S.O.
O regreso ás clases será o xoves 18 no horario de sempre.
3 anos:
Para completar o disfraz de pallaso que estamos a elaborar, precisamos que o xoves día 11, os nenos traian unha perruca de pallaso. Tamén os pediríamos que as nenas veñan con saia e un panti ou leotardos dunha cor alegre.
Os rapaces poden traer chandal o pantalóns. Se queredes tamén poden levar zapatos con cordóns un de cada cor
5 anos
Para completar o disfraces que estamos a elaborar, precisamos que os domadores veñan con pantalón vaqueiro e os elefantes cun chandal, pantalón o leggins gris si xa o tedes na casa senon, un vaqueiro tamén.
4 anos
Para completar o disfraz de malabarista precisamos que os nenos veñan cun pantalón de chandal e as nenas con pantis xa postos.
Coma tódolos anos por estas datas, estamos preparando a Festa de Entroido, que será este venres día 12 de febreiro. Ademáis dos concursos e actuacións de costume, tódolos rapaces poderán mercar lambetadas, refrescos e bollería. A recadación irá destinada a axudar ós alumnos de 4º ESO na súa viaxe de fin de curso.
O Colexio empezará ás 11, polo que os autobuses subirán á escola dúas horas máis tarde do habitual e baixarán á hora de sempre. Pola tarde non haberá actividades extraescolares e polo tanto tampouco haberá comedor.
O regreso ás clases será o xoves 18 no horario de sempre.
Os rapaces deberán traer os disfraces postos da casa. Os sprays están totalmente prohibidos.
Xa temos confirmación dos horarios para a saída a Londres que temos programada para os días 8,9,10 e 11 de febreiro cos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O.
Viaxe a Londres2010.pdf
Xa está próximo o Entroido deste ano e estamos a traballar cos rapaces e rapazas de Infantil o tema do Circo.
Para elo precisamos da colaboración dos pais:
Entroido 3 anos Pallasos.pdf
Entroido 4 anos Malabaristas.pdf
Entroido 5 anos Domadores.pdf
Entroido 5 anos Elefantes.pdf